O Colexio de Graduados Sociais organiza una xornada sobre a actualización normativa da Seguridade Social

O Colexio de Graduados Sociais de Lugo participou na xornada formativa sobre “Actualización normativa de Seguridade Social 2024” na Escola de Relacións Laborais de Lugo. Unha sesión informativa organizada por MC Mutual en colaboración coa Escola Universitaria de Relacións Laborais e o Colexio de Graduados Sociais de Lugo para profundizar nos últimos cambios normativos da Seguridade Social co obxectivo de manter formados aos alumnos e colexiados.

As encargadas de recibir e dar a benvida aos asistentes foron Ana Victoria Santín, secretaria académica da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo e Verónica Lama, responsable de MC Mutual en Lugo. Pola súa banda, Antonio Benavides, graduado social, abogado e ex inspector de Traballo e Seguridade Social foi o encargado de realizar una minuciosa exposición na que analizou as últimas novidades sobre as revalorizacións das pensións, bases máximas e otros elementos de cotización. Ademais, expuxéronse os cambios nas bonificacións de cotas nos contratos de traballo, obrigas da Seguridade Social nas prácticas académicas externas e as consecuencias na cotización da revalorización do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Despois dun turno de rogos e preguntas, clausuraron a xornada Luis Grien, director de MC Mutual en A Coruña e Lugo e o presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez, recordando a necesidade das xornadas formativas para que os graduados sociais teñan a máxima información posible para una atención de calidade nos seus negocios así como poñer en valor o traballo e o esforzo que realiza o colectivo ante a carga administrativa a que se están vendo expostos.

Somos Comunika