Os Graduados Sociais desenvolvemos actividades docentes en diversos ámbitos sobre disciplinas sociais e laborais, realizamos estudos sobre emprego, inmigración, convenios colectivos e outras materias laborais, actuando tamén como asesores ou tomando parte en procesos xudiciais

Unha vez finalizados os estudios de Relacións Laborais para exercer a profesión colexiámonos no Colexio Oficial de Graduados Sociais da provincia na que exercemos, Deste xeito estaremos facultados para desenvolver as nosas funcións

 

FORMAR, INFORMAR E ASESORAR

O noso obxectivo

 

INFORMAR continuamente a través de conferencias, seminarios e avances informativos, despois da promulgación de calquera disposición. É importante facilitar a asistencia dos colexiados e, por esta razón, prácticamente todos os cursos e conferencias teñen carácter gratuito, grazas ao soporte económico de entidades e institucións que cren en nos.

¡

FORMACIÓN é o capítulo máis importante, pois quen mellor aplica as normas é quen mellor as coñece. As novedades de índole laboral, de Seguridade Social e fiscal, e os cambios que se producen a nivel informático, obrígannos a estar en continua reciclaxe mediante información integral, para situarnos competitivamente con vantaxe fronte a outras profesións.